Comarcas Vigo al minuto

O ‘Pre Fin de Ano’ do Porriño trasládase a unha carpa en Domingo Bueno

Pola choiva

Pola choiva

Ante as previsións meteorolóxicas para o vindeiro venres día 30, a celebración do Pre Fin de Ano no Porriño trasládase á rúa Domingo Bueno. Alí, instalarase unha gran carpa de preto de 1.000 m2 que acollerá todas as actividades da programación.

Dende as 11:30h., a sesión infantil…

Como estaba previsto a festa dará comezo ás 11:30 h da mañá cos pequenos e pequenas como protagonistas xa que terán o seu Pre Fin de Ano Infantil con actividades e animación a cargo das As Maimiñas, unha sesión DJ Mini e concurso de atuendo polo que «é importante que veñan ben elegantes para participar», sinalan dende o Concello.

Por suposto, as doce badaladas soarán para despedir o ano a cargo do grupo porriñés King Kids, que farán unha previa do concerto que ofrecerán pola tarde. Haberá cotillón especial para todos!.

…e dende ás 19h a despedida do ano

Arredor das 19 h dará comezo o concerto dos  King Kids e de seguido comezará a soar baixo a carpa a música das rondallas de Atios e Pontellas. Pero a festa non para e de seguido comezará a soar a música da orquestra La Fórmula que, xunto a actriz Rebeca Stones e ao reputado dj Michael Chenlo, que actuará despois, serán os encargados de de dar as badaladas coas que diremos adeus ao 2022 e recibiremos o novo ano. Por suposto haberá uvas e cotillón para facelo por todo o alto.

Adíase a San Silvestre 22 ata o 7 de xaneiro

Doutra banda, pola natureza do evento e para que os participantes poidan disfrutar do mesmo sen o impedimento da choiva , o Concello do Porriño acordou adiar a carreira solidaria, San Silvestre 22. Celebrarase o  7 de xaneiro.

A día de hoxe constan 250 persoas inscritas pero o prazo para anotarse amplíase ata o día 3 de xaneiro, ás 00 h, para que todo aquel que queira participar poida facelo.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.