RGPD - Cookies
Vigo al minuto

Comeza o proceso de humanización da Avenida de Galicia, en Teis

A Xunta investirá 2,5 millóns de euros na primeira fase

Comeza o proceso de humanización da Avenida de Galicia, en Teis

A Xunta investirá 2,5 millóns de euros na primeira fase

A Xunta vén de publicar o concurso público para a  humanización da Avenida de Galicia en Teis, que suporá un investimento de preto de 2,5 millóns de euros. Esta nova intervención estará acompañada dunha segunda fase, agora en información pública, para unha inversión total de case 6,5 millóns.

O pasado mes de outubro, a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade publicara no Diario Oficial de Galicia (DOG) o proxecto da primeira fase. Daquela estimaba que podería licitar as obras este último trimestre do ano, algo que non se produciu.

«Mellora do tráfico e da mobilidade peonil»

“A obra vai a significar unha importante mellora para o tráfico e para a mobilidade peonil nunha das principais entradas á cidade”, sinalou este martes a delegada da Xunta en Vigo, tras a presentación do proxecto. Dacordo coas previsións da Consellería, os traballos comezarán a vindeira primavera, dispoñendo para iso do investimento necesario nas contas de 2023.

Marta Fernández-Tapias destacou que esta primeira fase do proxecto de reforma ten en conta puntos singulares como os cruces coas vías que dan acceso ao centro de saúde e á ETEA. O deseño definido busca, ademais, coordinar a súa execución co desenvolvemento efectivo do Campus do Mar na antiga ETEA.

Ampliación de beirarrúas

Como xa informara vigoalminuto, esta obra comprende a mellora e ampliación das beirarrúas en ambas as marxes do treito de actuación, de modo que sexan máis continuas e accesibles, así como a execución dunha glorieta na intersección entre a avenida de Galicia (PO-323) e a avenida da Mariña Española, pola que se accede á ETEA.

As obras incluirán a recolocación das marquesiñas, a instalación dunha varanda modular e a reposición do muro de peche existente, co fin de mellorar visualmente a integración da actuación na zona do Camiño Portugués.

Aparcadoiro preto do IES de Teis

A nova zona de aparcadoiro situarase na parcela contigua ao IES de Teis, ao non ser viable a ubicación inicialmente prevista enfronte do centro de saúde, e manteranse as prazas de aparcadoiro actuais, na avenida de Galicia, entre os números 104-120 e nos números 67-69, que inicialmente se suprimían.

Segunda fase

O departamento de Infraestruturas da Xunta prevé finalizar a actuación cunha segunda fase que complete a mellora da estrada no termo municipal de Vigo, ata o límite municipal con Redondela, e cuxo proxecto xa foi sometido a información pública este outono cun investimento de 4 millóns de euros.

También te puede interesar