Galicia Vigo al minuto

Esixen explicacións ao Concello por “impedir” a celebración de ‘Ofeitoaman’ tras 37 anos

Piden ao concelleiro Ángel Rivas que “dea a cara”

Esixen explicacións ao Concello por "impedir" a celebración do 'Feitoaman' tras 37 anos

Piden ao concelleiro Ángel Rivas que “dea a cara”

O Bloque Nacionalista Galego culpa á “sabotaxe institucional” do Goberno de Abel Caballero de impedir a realización do ‘Ofeitoaman’ en Vigo, tras 37 anos sendo un referente do Nadal da cidade. Así, dende o BNG lembran que xa advertiron en novembro, na Comisión Informativa de Comercio, de que “os atrancos do Concello” podían provocar que esta emblemática feira de artesanía non se celebrase.

Responsabilidades ao concelleiro de Comercio

Po iso, o BNG esixe que o concelleiro de Comercio, Ángel Rivas, dea a cara para “explicarlle á cidade os motivos polos que en lugar de apostar por promocionar, facilitar e promover a realización deste evento, que puña a Vigo no mapa da artesanía en Galiza, decidiu impedilo”.

Xabier P. Igrexas, concelleiro e candidato do BNG asegura que “non queremos pensar que detrás desta decisión absolutamente irracional e inxustificábel haxa escuros intereses”. Seguindo con este fío, cuestionou se as razóns para esta “sabotaxe” poden ser que “alguén pense que era un competidor para ese Cíes Market que xestiona unha empresa madrileña”.

A primeira vez que non se celebra dende 1985

Igrexas lamentou que este 2022 sexa a primeira ocasión, agás polo paréntese da pandemia en 2020, que esta importante feira non se celebra en Vigo en 37 anos. “Non podemos compartir este modelo de nadal caprichoso, este modelo de nadal á carta e para os amigos que promove Abel Caballero”, reprochou. 

También te puede interesar