Galicia Vigo al minuto

O centro de saúde de Cangas ten unha nova Unidade de Radioloxía, en xornada de tarde

Da cobertura á poboación de Cangas e Moaña de 15.00 h. a 22.00 h

Alertan de que o Sergas deixa sen ningunha facultativa o Centro de Saúde de Cangas

Da cobertura á poboación de Cangas e Moaña de 15.00 h. a 22.00 h

Desde o pasado luns día 12, o centro de saúde de Cangas conta cunha nova Unidade de Radioloxía en xornada de tarde, que da cobertura á poboación de Cangas e Moaña.

Un novo especialista en Imaxe Diagnóstica

Para isto foi necesario incrementar os recursos humanos cun novo técnico superior especialista en Imaxe Diagnóstica, que prestará servizo de luns a venres desde as 15.00 h. ás 22.00 h.  Ademais, tamén dará apoio ao Punto de Atención Continuada (PAC) cando os profesionais o requiran.

6.500 probas ao ano

Así, esta nova oferta asistencial, ven a ampliar a actividade da Unidade de Radioloxía de  mañá. A previsión é que soamente na xornada de tarde se realicen unhas 6.500 probas diagnósticas anuais. Se trata de estudos de radioloxía simple como son as placas de tórax, músculoesquelético e abdome.

También te puede interesar