Galicia Vigo al minuto

Vigo tivo un 93% de ocupación durante a ‘ponte de decembro’

Nas ‘vivendas turísticas’ chegou ao 100%

Vigo tivo un 93% de ocupación durante a 'ponte de decembro'

Nas ‘vivendas turísticas’ chegou ao 100%

Vigo, cunha ocupación do 93% e cheo nas fins de semana, foi a ‘punta de lanza’ dos ‘grandes datos’ de ocupación na provincia de Pontevedra durante a ponte de decembro. Así o indican os datos do Observatorio de Turismo Rías Baixas, dacordo cos cales a oupación na provincia foi, nesa ponte, do 73,7%, catro puntos máis que nas mesmas datas do 2021 -cando estivo no 69,7%-.

Área de Vigo

Polo que atangue á área de Vigo, a ocupación foi, en conxunto, do 85%, cun 86,6% en Baiona; o 79,8% do Morrazo e o 74,8% do Condado-Paradanta.

Resto da provincia

No resto da provincia, O Salnés acadou un 67,9%, cunha especial mención a Sanxenxo, cun 80,5%; a comarca de Pontevedra tivo un 59,8% de ocupación, coa cidade de Pontevedra por enriba da media cun 60,5%; na de Caldas o dato foi do 59,1%, cun incremento de 12 puntos respecto ao ano anterior. O Baixo Miño acadou un 55,2% e a zona de Deza e Tabeirós-Terra de Montes pechou a ponte cunha ocupación media do 50,6%.

Turismo rural

O turismo rural tamén superou os datos do ano pasado en máis dun punto porcentual, acadando un 46,6%. Por comarcas, foi O Morrazo a que acadou unha maior ocupación cun 70,9%; seguida de Vigo cun 57,7% e Pontevedra cun 55,1%.

Séguenlle O Baixo Miño cun 48,9%, O Salnés cun 45,7%; O Condado e A Paradanta cun 44,5%; Caldas cun 42,5% e Deza e Tabeirós-Terra de Montes cunha ocupación do 32,4%.

En canto ás vivendas turísticas, a media de ocupación da provincia foi do 73%, salientando a ocupación na cidade de Vigo cun 100%; Poio e Sanxenxo cun 80%, Marín cun 70% e a cidade de Pontevedra cun 64%.

Castelos de Soutomaior e Sobroso

O Castelo de Soutomaior, totalmente mimetizado co Nadal, tamén superou con creces os datos obtidos na anterior ponte, achegándose ás preto de 5.000 visitas para desfrutar do alumeado, a decoración e o mercadiño. Ademais, polo Castelo de Sobroso pasaron outras máis de 500 persoas.

También te puede interesar