Vigo al minuto

Denuncian que o Concello non gastou 1 millón destinado a asfaltar estradas do rural

O alcalde anuncia 1.284.632 euros para humanizar varias parroquias

Denuncian que o Concello non executou máis de 1 millón para asfaltar estradas do rural

O alcalde anuncia 1.284.632 euros para humanizar varias parroquias

Marea de Vigo denuncia que dunha partida de 1.3 millóns do Plan de Renovación de firmes en barrios e parroquias se retiraron 350.000 euros e dos 950.000 restantes a data 1 de outubro estaba sen executar un so euro.

Para o voceiro de Marea non se entende esta situación “cando temos un rural con firmes destrozados, ausencia de beirarrúas e accesibilidade a persoas con mobilidade reducida“. Rubén Pérez subliña que “son recurrentes as chamadas de veciños e veciñas para alertar da presencia de fochancas e problemas no firme”.

Décadas sen reparar beirarrúas

Así, apunta, hai lugares nos barrios e parroquias especialmente degradados porque dende hai décadas que non se actúa en moitas beirarrúas do barrio co argumento de que todo o ámbito está afectado por un PERI e que a urbanización correspondería facela ao que desenvolvese o mesmo. “O certo é que nin de desenvolveron os mesmos durante anos e o Concello non foi quen de asumir o erro de pretender que os viais públicos sexan acondicionados por actuacións privadas e realizar un acondicionamento con recursos públicos” sinala Pérez.

O PXOM elimina moitos PERIS e o Concello xa pode actuar

No novo PXOM moitos deses PERIS desaparecen e “xa debería ser o Concello o que actuara de xeito inmediato ante as recorrentes denuncias de veciños e veciñas así como das propias asociacións veciñais“. Neste sentido apunta que hai moitos recursos económicos orzamentarios asignados sen executar e de posible asignación como remanentes e uso de superávits doutras lexislaturas.

Plan de actuacións urxentes

Marea de Vigo considera que o Concello debe presentar de xeito inmediato un plan de actuacións urxentes para “atallar o esquecemento permanente de barrios e parroquias fronte ao investimento desaforado no centro urbano”. Isto supón, continúa establecer de xeito inmoral unha dobre categoría de cidadanía que Marea de Vigo considera inxusta porque impostos pagan todos os vigueses e viguesas”.

Investimentos en unha veintena de rúas do rual

Pouco despois da denuncia de Marea de Vigo, o alcalde anunciou que o Goberno local aprobara adicar 1.284.632 euros para o asfaltado e mellora de rúas nas parroquias.

As obras, cun prazo de execución é de 7 meses, abranguen, nunha primeira fase, Camiño Pousa (Castrelos); Camiño Couto (Beade); Camiño Rioboo e Baixada Salgueira (Salgueira); Fuchiños (Oia); Estrada José Rivas (Coruxo), Camiño Caringosta (Alcabre); rúa San Paio (Navia); Camiño San Xurxo (Saiáns); rúa Penís (Cabral); rúa Párroco Don Serafín e rúa Cantabria (Teis), rúa Fonte Escura e Camiño Sabaxáns (Lavadores); Camiño Sampaio de Abaixo (Sampaio); rúa Parrocha (Bembrive); Camiño Besada (Candeán)e rúa Vista do Mar (San Xoán).

Te podría interesar