Galicia Sucesos

Unha persoa morta e 82 feridas en accidentes nas estradas galegas, a pasada fin de semana

O domingo foi o peor día, con 21 sinistros

Outro fin de semana sen mortes nas estradas galegas

O domingo foi o peor día, con 21 sinistros

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana 82 persoas debido a 53 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas entre as 3 da tarde do venres, 25 e as 12 menos un minuto da noite deste domingo, 27 de novembro. A Central de Coordinación do 061, recibiu nestes días 62 chamadas en relación cos accidentes de tráfico.

Así, os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas foron 68: as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado, asistiron en 7 accidentes; as ambulancias asistenciais de soporte vital básico, asistiron en 56 sinistros ,e os equipos sanitarios de Atención Primaria, prestaron asistencia sanitaria en 5 accidentes.

En 15 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en  66 ocasións atendeuse no propio lugar do incidente e unha persoa faleceu no punto.

También te puede interesar