Comarcas Vigo al minuto

Salceda impulsa ‘Da Túa Man’, para facilitar a transformación do comercio local

«É fundamental colaborar co comecio de proximidade», subliña a alcaldesa

Salceda impulsa 'Da Túa Man', para facilitar a transformación do comercio local

«É fundamental colaborar co comecio de proximidade», subliña a alcaldesa

A transformación chega ao comercio local de Salceda. O Concello impulsa o programa ‘Da Túa Man’, con fondos europeos, a través da sinatura dun convenio de colaboración coa Deputación de Pontevedra.

‘Da Túa Man’, organizado pola Concellería de Comercio, que dirixe a alcaldesa, Verónica Tourón, conta cun orzamento de  93.139,87€, dos cales o Concello de Salceda aporta 11.546,27€.

Dinamizar o comercio

As actuacións recollidas teñen como obxectivo fundamental  dinamizar o comercio local , na liña de potenciar as iniciativas que se veñen levando a cabo pola asociación de comerciantes ACISA e o concello. Así, facilita a introdución de cambios que faciliten a modernización, sustentabilidade e transformación dixital dos negocios comerciais locais.

Portal web único e campañas de información

Así, comercio local poderá transformarse dixitalmente coas actuacións de creación dun portal web único; campañas de comunicación; puntos de información e sensibilización sobre o tratamento de residuos; packing sostible e aplicacións que faciliten a oferta comercial.

Sostebilidade

Na mesma liña, no tocante ao aspecto sostible, relacionado co fomento da economía circular no comercio local,  algunhas das actuacións iran encamilñadas a establecer sistemas de recollida  de pedidos de forma colaborativa; deseños de packaging reutilizable ou o subministro e instalación de illas ecolóxicas modulares para o depósito e tratamento de residuos.

Formación

Tamén está previsto que as persoas propietarias e traballadoras dos comercios de Salceda poidan adquirir formación que lles axude a coñecer e superar os retos da transformación dixital e como poden sacarlle o maior partido para o crecemento dos seus negocios.

«Resulta fundamental colaborar co comercio de proximidade para facilitarlle a adaptación aos novos retos da transformación, facendo da nosa vila un espazo comercial  de referencia na nosa comarca», subliña a alcaldesa.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.