Comarcas Vigo al minuto

Nigrán repite o mercado ‘Bulebule’

A Praza Rosalía de Castro de Nigrán volverá a ser a antesala do Nadal na comarca grazas ao mercado de inverno ‘Bulebule’.

36 postos de venda

Esta segunda edición, organizada novamente entre o Concello e Brétema Studio, terá lugar do 16 ao 18 de decembro e ocupará toda a praza ao pasar dos 14 postos de venda de 2021 aos 36 deste ano, o máximo previsto.

O evento volverá a mesturar artesanía, gastronomía e marcas emerxentes con música en directo e obradoiros para crianzas. Así, os concertos repetiranse en sesión vermú e de tarde-noite. Ao longo dos vindeiros días irán publicándose os horarios das actividades e o nome das empresas participantes a través da web  www.bulebulenigran.es e as súas redes sociais.

Vendedores da comarca

Nesta liña, o alcalde de Nigrán comenta que «queremos volver a ofrecer un ambiente festivo no núcleo urbano ao tempo que dinamizamos o comercio da zona». Así, Juan González, subliña que a maioría dos vendedores son da comarca, e Brétema Studio está composto por dous mozos de Nigrán, Bárbara Ceballos e Mak Aguiar.

Por iso, «Bulebule Nigrán é un espazo onde hai cabida para todas esas mentes creativas que queren mostrar os seus produtos ao mundo, onde convive coas familias que veñen a pasar unha finde diferente, chea de diversión e actividades para todas ás idades»,

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.