Galicia Vigo al minuto

Bienvenida Lorenzo cumpre 100 anos

É a veciña máis lonxeva do Porriño

Bienvenida Lorenzo cumpre 100 anos

É a veciña máis lonxeva do Porriño

O Porriño celebra este domingo o aniversario da súa veciña máis lonxeva, Bienvenida Lorenzo, que cumpre un século de vida.

Non todos os días se cumpren 100 anos e tampouco é doado alcanzar esa idade en boas condicións para disfrutar da celebración como fixo Bienvenida, quen rodeada da súa familia recibiu a visita do alcalde, Alejandro Lorenzo. O caso é que, ademais, na casa de Bienvenida hoxe festexábase por partida dobre xa que tamén se celebra o 18 aniversario de Daniel, un dos seus bisnetos, que comparte aniversario don ela.

Testemuña da historia do Porriño

O alcalde felicitou a ambos e entregou á homenaxeada un ramo de flores en nome de todo o pobo do Porriño, como símbolo do agarimo dos seus veciños e veciñas.

“É unha satisfación compartir con Bienvenida a felicidade deste momento e máis aínda comprobar o fantástico estado no que se atopa a veciña máis lonxeva do noso pobo”, explicou o alcalde,  “Ela é unha testemuña da nosa historia recente e garda valiosas lembranzas que tivo o detalle de compartir conmigo. É un enorme luxo que contemos con ela”.

Bienvenida naceu o 13 de novembro de 1922 no municipio veciño de Mos, pero con tan só 18 aniños mudouse ao Porriño onde viviu ata o de agora ao carón do antigo campo da feira. Como destaca a súa familia foi e é unha nai e avoa excepcional, que coidou dos seus catro fillos, catro netos e oito bisnetos.

También te puede interesar