Vigo al minuto

A nova Estación de Autobuses de Vigo abrirá o vindeiro 5 de decembro

Se están acabadas as obras dos apeos do ascensor HALO

A nova Estación de Autobuses de Vigo abrirá o vindeiro 5 de decembro

Se están acabadas as obras dos apeos do ascensor HALO

A Estación de Autobuses de Vigo abrirá o vindeiro 5 de decembro…se están rematadas as obras dos apeos do ascensor HALO. A delegada da Xunta e candidata á Alcaldía, informou este xoves de que a Consellería de Infraestruturas e comunicou ao Concello a data de apertura.

Así mesmo, nesa mesma comunicación infórmase de que haberá catro novas paradas dentro da cidade: dúas na Avenida Gregorio Espino, unha na Avenida de Madrid e outra na Praza de España.

Cordinación coas concesionarias

Con todo, segundo engade a delegada, «iniciamos o proceso de traslado para a apertura da nova terminal sempre e cando o Concello finalice os seus traballos». Aínda, así, Fernández-Tapias e o director xeral de Mobilidade, Ignacio Maestro, visitaron este martes pasado as novas instalacións e, paralelamente, comezaron as reunións coas concesionarias do transporte para coordinar o traslado dende a vella estación de autobuses.

Cartas ao Concello

Segundo a delegada, o Concello de Vigo non respondeu a ningunha das cartas enviadas os pasados 26 de xuño e 28 de xullo para coñecer as datas nas que acaban as súas obras de accesos, sen os que é imposible abrir a estación.

Tamén explicou que debido ás obras do ascensor HALO será necesario un desvío provisional en entrada e saída de autobuses para evitar as cimentacións provisionais coas que o Concello vai a construír o elevador.

Resposta do Concello

Onte a concelleira de Urbanismo, María José Caride, e este xoves o alcalde, respostaron á intención da Xunta de abrir a nova estación de autobuses.

Caride pediu á delegada que «deixe de enredar» e que se ateña ao que aproba na Comisión de Seguimento (na que están o Concello e a Xunta, ademáis do Estado) e na Comisión Técnica. Ademáis, subliñou que o túnel de Lepanto non pode servir como vía para os autobuses que teñen o súa orixe o destino na estación.

Declaracións da concelleira de Urbanismo, María José Caride

Hoxe, Abel Caballero lembraba que, segundo a lei, o Concello ten que enviar tres alternativas de acceso; asegurou que o Goberno municipal non tiña comunicación da Xunta e subliñou que a nova estación ten que axudar a mellorar o tráfico na cidade, non empeoralo.

Declaracións de Abel Caballero

Segunda data que anuncia a Xunta

Esta é a segunda data de apertura que facilita a Xunta, a primeira sinalaba que estaría funcionando o día 1 de agosto, unha data que, posteriormente, adiou, culpando do retraso ao Concello.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.