Galicia Vigo al minuto

A cabina literaria

En Redondela transforman as cabinas telefónicas, obsoletas, en espazos culturais

En Redondela transforman as cabinas telefónicas, obsoletas, en espazos culturais

Baixo o nome de «A cabina literaria», o Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Redondela promove a reutilización das antigas cabinas telefónicas en espazos literarios. Así, esta proposta, posta en práctica noutras cidades europeas, pretende aproveitar o mobiliario en espazos públicos para converterse en espazos culturais abertos.

Tres ‘cabinas’ para comezar

Neste sentido, a idea consiste en ofrecer libros para compartir que estarán a disposición nas denominadas «Cabinas literarias». Estas estarán situadas na Fonte de Santiago, Praza da Constitución e Praza de Ribadavia.

«A promoción da lectura é un dos obxectivos máis importantes da concellería que teño o pracer de dirixir, destacando por suposto a lingua galega. Queremos que Redondela sexa unha vila amiga dos libros», sinala a alcaldesa.

Por iso, dende Normalización Lingüística impulsan proxectos coa intención de ser transversais e interactivos, directamente pensados para os veciños e veciñas. E, como primeiro paso, nas cabinas ofrecerán o acceso aos Libros das Parroquias, proxecto tamén de Normalización Lingüística.

Préstamos de libros

Ao mesmo tempo, os exteriores da cabina contarán con información sobre o procedemento de préstamos dos libros, unha especie de instrucións, que tamén trata de implicar a veciñanza na iniciativa.

A carón disto, o concello ilustrará unha parte exterior da cabina con información sobre a historia do teléfono e a algunha curiosidade sobre a centraliña de teléfonos existente en Redondela, no edificio Royalty, na metade do século pasado.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.