RGPD - Cookies
Galicia Vigo al minuto

Manuel e María del Carmen, os nomes máis comúns en Vigo

Entre os recen nacidos en Galicia, ‘Sofía’ e ‘Mateo’

Manuel e María del Carmen, os nomes máis comúns en Vigo

Entre os recen nacidos en Galicia, ‘Sofía’ e ‘Mateo’

Manuel e María del Carmen son, por ese orde, os nomes máis comúns entre os vigueses. Así o indican os datos do Instituto de Estatística, que podes consultar premendo aquí.

José, Antonio, David y José Manuel, completan los cinco más frecuentes entre los hombres y María, Carmen, Ana María y Marta, los de las mujeres.

Mos, Nigrán, Gondomar e Redondela

Non hai moita diferencia cos concellos que limitan con Vigo posto que en Redondela Manuel, José e Antonio, son os máis habituais entre os seus veciños e Maria del Carmen, María e Carmen entre as veciñas; no caso de Mos son Manuel José e David e tamén María, Carmen e María del Carmen; en Nigrán Manuel, José e José Manuel e María, Carmen e María del Carmen, o mesmo que en Gondomar.

Os ‘novos’ nomes dos galegos

Así mesmo, o Instituto Galego de Estatística (IGE) publica hoxe a ‘Estatística de nomes dos neonatos galegos’ correspondente ao ano 2021. A mesma reflicte que ‘Sofía’ e ‘Mateo’ seguen a ser os nomes máis frecuentes das nenas e nenos nados en Galicia.

Polo que se refire a nomes de mulleres, os máis comúns son ‘Sofía’, ‘Noa’, ‘Martina’, ‘Lara’ e ‘Valeria’, que continúan nas primeiras cinco posicións se se compara co 2020. En canto aos nomes masculinos, a estatística mostra que os cinco máis frecuentes son ‘Mateo’, ‘Martín’, ‘Hugo’, ‘Leo’ e ‘Lucas’.

Comparativa con 2020

A comparativa co ano 2020 reflicte que estes eran tamén os nomes preferentes nese ano, coa diferencia de que ‘Lucas’ estaba no terceiro lugar e no 2021 baixa ata o quinto posto, por detrás de Hugo e Leo.

Por outra banda, se se amplía a mostra e se teñen en conta os 20 primeiros nomes, pódese ver como en 2020, no caso dos nenos, todos os nomes se manteñen na lista, agás ‘Iago’, ‘Anxo’, ‘Mario’ e ‘Adrián’ que dan paso no 2021 a ‘Roi’, ‘Bruno’, ‘Luca’ e ‘Alejandro’.

En canto ás nenas, no 2021 incorpóranse ‘Emma’ e ‘Lola’ e desaparecen do listado dos 20 primeiros ‘Alma’ e ‘Uxía’.

Estatística sobre os nomes máis frecuentes da poboación

O IGE tamén dispón da ‘Estatística sobre os nomes máis frecuentes da poboación’ a través da cal se pode coñecer a evolución histórica dos nomes en función da comarca, o xénero ou a década (desde antes de 1930 ata a década actual).

Esta estatística ofrece información relativa aos nomes da poboación que ten fixada a súa residencia en Galicia, e permite tamén coñecer a distribución comarcal de calquera nome.

Pódese consultar no seguinte enlace:
http://www.ige.eu/web/mostrar_actividade_estatistica.jsp?idioma=gl&codigo=0201006

También te puede interesar