Galicia Vigo al minuto

5.255 persoas iniciaron en setembro o Camiño de Santiago desde Tui

Son o 35% dos peregrinos que fixeron o mes pasado o Camiño Portugués

5.255 persoas iniciaron en setembro o Camiño de Santiago desde Tui

Son o 35% dos peregrinos que fixeron o mes pasado o Camiño Portugués

Os datos publicados pola Oficina do Peregrino da Catedral de Santiago correspondentes ao pasado mes de setembro continúan situando á cidade de Tui nos primeiros lugares escollidos polos peregrinos xacobeos para iniciar o seu
Camiño cara a Santiago, en calquera das rutas xacobeas.

En concreto, un total de 5.255 peregrinos escolleron Tui para iniciar a súa peregrinación, un 35% dos 14.805 peregrinos que realizaron o Camiño Portugués o pasado mes de setembro.

Tui unicamente foi superada polo concello lucense de Sarria, no Camiño Francés con máis de 20.000 peregrinos, e pola cidade portuguesa de Porto onde comezaron o Camiño un total de 5.736 peregrinos. Este ascenso de Porto, en relación cos pasados meses, está en relación directa co maior número de peregrinos estranxeiros polo Camiño Portugués e unha redución dos peregrinos españois.

A Eurocidade Tui-Valença, punto de saída de más de 7.000 peregrinos

Cabe sinalar que si a Tui sumamos os datos de Valença, que con 1.854 peregrinos ocupa a sexta posición como lugar de inicio da peregrinación xacobea, teriamos que na Eurocidade Tui-Valença iniciaron o Camiño de Santiago un total
de 7.109 peregrinos no pasado mes de setembro.

“Contribúe ao desenvolvemento socio-económico”

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, expresa a súa “satisfacción” por estes datos da Oficina do Peregrino da Catedral de Santiago que confirman a importancia que a nosa cidade ten no ámbito xacobeo.

“Esta achega dos peregrinos e peregrinas resulta de gran importancia para Tui pois contribúe ao desenvolvemento socio- económico do noso concello e converte á nosa cidade en referencia obrigada no ámbito xacobeo acollendo a peregrinos e peregrinas de numerosas nacionalidades que promoven un intercambio multicultural que enriquece a vida da nosa cidade e que constitúe un dos valores máis apreciados do Camiño de Santiago polas persoas que viven esta experiencia”.

También te puede interesar