Comarcas Vigo al minuto

Covelo entrega 500€ as familias que vaian ter un fillo e o empadroen no concello

É o sexto ano que o Goberno local aproba axudas á natalidade

Participa no deseño do VII Plan de Formación do Concello de Covelo!

É o sexto ano que o Goberno local aproba axudas á natalidade

Co obxectivo de apoiar ás familias o Goberno municipal de Covelo vén de aprobar por, sexto ano consecutivo, as axudas á natalidade.

As familias que, nos seis meses previos á adopción ou nacemento, estean empadroadas no Concello de Covelo recibirán 500€ de axuda co compromiso de empadroar ao fillo ou filla.

Máis apoios ás familias

O alcalde, Pablo Castillo, explica que con esta medida, ademais, preténdese fixar poboación. “A oferta de servizos como a escola infantil cun amplo horario; o colexio con comedor escolar; a aula matinal para poder deixar aos cativos e cativas dende primeira hora da mañá e a oferta por parte da ANPA de actividades extraescolares lúdicas, didácticas e deportivas xusto no remate do horario escolar, son parte dos apoios que as familias atopan no noso Concello para poder conciliar a vida laboral e familiar”.

Axudas para libros e material escolar

Ademais, Castillo adianta que tamén se veñen de aprobar ás axudas para adquisición de material e libros. Esta axuda, que tamén se aproba por sexto ano consecutivo, vai dirixida ao alumnado de Educación Infantil.

Co obxectivo de contribuír nos gastos que supón a escolarización, “o Concello de Covelo ofrece o seu apoio ás familias de rendas máis baixas que estean empadroadas no concello durante a totalidade do curso escolar”.

También te puede interesar