Galicia Sucesos

Un morto e 60 feridos nas estradas galegas a pasada fin de semana

Pontevedra foi a provincia con máis accidentes: 20

Pontevedra foi a provincia con máis accidentes: 20

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana 61 persoas debido a 49 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas entre as 3 da tarde do venres, 30 de setembro, e as 12 menos un minuto da noite do pasado domingo, 2 de outubro. .

A Central de Coordinación do 061 recibiu nestes días 61 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 49 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061.

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas, foron 72. Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado asistiron en 10 accidentes; o helicóptero medicalizado atendeu 1 ocasión; as ambulancias asistenciais de soporte vital básico asistiron en 53 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria prestaron asistencia sanitaria en 8 accidentes.

En 55 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en  cinco ocasións atendeuse no propio lugar do incidente e unha persoa faleceu no punto.

También te puede interesar