Comarcas Vigo al minuto

O Rosal xa desfruta da transformación da Praza do Calvario

Primeiro proxecto do Plan ReacPon da Deputación de Pontevedra

O Rosal xa desfruta da transformación da Praza do Calvario

Primeiro proxecto do Plan ReacPon da Deputación de Pontevedra

O Rosal vén de estrear o novo centro neurálxico da vila coa transformación da Praza do Calvario, unha obra que marca “un antes e un despois” na recuperación do espazo público do concello para as persoas. Trátase do primeiro dos 47 proxectos levados a cabo con financiación do Plan ReacPon da Deputación rematado na provincia.

«Pensando nas persoas»

A presidenta provincial Carmela Silva definiu este proxecto como “unha nova e fermosa mostra da transformación  pensando nas persoas e tamén un exemplo palpable da reactivación da provincia que vai supoñer este plan”.

Pola súa banda, a alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández, subliñou o “paso histórico” dado con esta obra, “coa que non só cumprimos un gran compromiso, senón que recuperamos o epicentro da nosa actividade económica, social e de convivencia para as persoas. Porque xuntas e xuntos estamos a construír o Rosal das persoas”.

Máis de 1,5 millóns

A renovación desta praza, que constitúe o centro social e administrativo do Rosal, tivo un orzamento de 1.518.474 millóns, dos que a Deputación aportou a través do ReacPon un total de 517.938€ e Concello 1.000.536 €.

Carmela Silva cualificou a reforma como “modélica” e destacou na súa intervención o coidado e a calidade estética desta obra que «serve para poñer aínda máis en valor a historia desta vila e os seus grandes valores patrimoniais”.

“Isto va máis alá de rehabilitar; falamos de humanizar, de crear espazos amables para a xente como este que sirvan para o reencontro, para a convivencia, onde se desenvolvan actos culturais e sociais e que sexan un polo de atracción para dinamizar o concello, tanto desde o punto de vista económico como turístico –apuntou a presidenta-.

Carmela Silva subliñou, así mesmo, a relevancia do ReacPon para dotar de recursos aos concellos con este plan extraordinario “cos que mobilizar a economía da provincia, impulsando proxectos maduros que supoñen un compromiso coa mobilidade sostible, co medio ambiente, con infraestruturas modernas e dotacións para que as persoas, vivan onde vivan, desfruten dos mesmos dereitos e servizos”.

Un espazo inclusivo e accesible

“Melloramos e transformamos a nosa praza –apuntou pola súa banda a alcaldesa Ánxela Fernández– nun espazo público de calidade e en maiúsculas, sen barreiras, inclusivo, igualitario, democrático e accesible. Convertemos un aparcamento e unha rotonda no centro neurálxico de interacción social, de convivencia, creando un espazo seguro, amable, saudable, moito máis verde no que potenciar a actividade económica de proximidade, o comercio e o consumo local”.

Estrea

A renovada praza, que acolleu nesta estrea a actuación do grupo de baile de Paula Covián e a da Banda da Agrupación Musical do Rosal, conforma un novo espazo público de lecer e de uso polivalente que dota de identidade á zona.

Abordouse un deseño unitario, atractivo e dinámico para esta contorna, que integra ao Concello, a Igrexa, o Mercado, a Cámara Agraria, e que conta agora cun espazo central como elemento cohesionador.

Nel destaca unha sobreira de gran porte, que recorda ás árbores desta especie que había no lugar a principios do século XX, amais doutros árbores que potencian a multifuncionalidade da praza. Tamén hai que destacar o elemento elevado a modo de escenario que reinterpreta o templete de música que tiña a praza hai un século.

O proxecto incluíu así mesmo a renovación das redes de saneamento, abastecemento, pluviais, telecomunicacións e eléctricas. Amais, instalouse iluminación eficiente feita a medida que permite axustala en función das necesidades de cada momento e nova sinalización.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.