Destacados Vigo al minuto

O BNG denuncia a “inxustificada” ausencia de Abel Caballero do Pleno do Concello

O 2º tenente de alcalde asegurou que estaba “noutras ocupacións”

O BNG denuncia a "inxustificada" ausencia de Abel Caballero do Pleno do Concello

O 2º tenente de alcalde asegurou que estaba “noutras ocupacións”

O Bloque Nacionalista Galego denuncia a ausencia “inxustificada” do alcalde de Vigo, Abel Caballero, na sesión do Pleno municipal celebrada este mércores.

Xabier P. Igrexas, concelleiro do BNG, vén de rexistrar un escrito para esixir explicacións a esta ausencia, que non foi comunicada nin motivada previamente, como é preceptivo segundo o Regulamento Orgánico do Pleno (ROP), e polo relevo na presidencia por parte do segundo tenente de alcalde, Javier Pardo, en lugar da primeira tenente de alcalde, Carmela Silva, como marca o regulamento.

“Outras ocupacións”

Ante unha cuestión de orde formulada polo concelleiro do Bloque a presidencia do Pleno alegou que a ausencia estaba motivada xenericamente “noutras ocupacións” que impedían asistir ao rexedor.

Igrexas cualificou esta ausencia como “unha inaceptábel falla de respeito ao Pleno da Corporación Municipal como máximo organismo democrático e representativo da vontade popular das viguesas e dos vigueses”.

También te puede interesar