Destacados Vigo al minuto

Instan a Caballero a que permita aos alumnos do Colexio Fleming usar o Pavillón de Romil

O BNG lémbralle ao alcalde a súa poromesa

Instan a Caballero a que permita aos alumnos do Colexio Fleming usar o Pavillón de Romil

Lémbranlle ao alcalde a súa promesa

O Bloque Nacionalista Galego vén de pedir ao Concello de Vigo que permita usar o pavillón de Romil ao alumnado do colexio público Doutor Fleming, en horario de mañá. Dende o Bloque lamentan as continuas «escusas» do Goberno municipal para cumprir con esta promesa realizada hai dous anos polo alcalde, Abel Caballero, á comunidade educativa.

600 alumnas e alumnos

«É unha débeda histórica coas 600 alumnas e alumnos deste colexio, un dos de maior matriculación de toda a cidade», defendeu o concelleiro do BNG de Vigo, tras manter unha xuntanza con representantes da ANPA, que trasladaron o seu malestar polas continuas evasivas que reciben do Concello.

Pavillón infrautilizado

Xabier P. Igrexas asegurou que non existe xustificación para que o alumnado do Doutor Fleming siga sen dispoñer de espazos necesarios para a práctica deportiva mentres o pavillón de Romil, a carón do centro educativo, continúa «absolutamente infrautilizado».

Desde o colexio mesmo habilitaron un acceso directo ao pavillón, porén o Concello só prevé autorizar o uso parcial, concretamente do seu andar superior, un espazo que non contaría coas condicións de seguridade axeitadas para a práctica deportiva que precisa o alumnado.

Nese sentido, o concelleiro do BNG reiterou o seu «completo apoio» ás reivindicacións das familias e do alumnado, que xa trasladara nos pasados meses tanto na Comisión Informativa de Deportes como no Pleno municipal «a pesar de que a propia concellería de Deportes que dirixe Manel Fernández continúa a facer ouvidos xordos en lugar de buscar solucións».

También te puede interesar