Deportes Vigo al minuto

Vigo volve a correr contra o cancro

Abertas as inscricións para a proba

Vigo volve a correr contra o cancro

Abertas as inscricións para a proba

Vigo volverá a correr contra o cancro tras o parón pola pandemia. Este martes presentouse no restaurante de El Corte Inglés a ‘IX Carreira Vigo contra o Cancro’, que desde hoxe abre o prazo de inscrición ata o 9 de outubro.

Inscricións

As inscricións poden formalizarse online en www.vigocontraelcancer.com ou de xeito presencial na planta de deportes de El Corte Inglés ata alcanzar a cifra de 5.000 participantes.

Dúas modalidades

Haberá dúas modalidade de carreira: unha de 5 km, non competitiva e que pode facerse a pé; e outra de 10 km, cronometrada e con premios, esta última incluída no programa municipal de carreiras populares RunRun Vigo.

A saída será desde a Avenida Castelao, onde se celebran habitualmente as Festas de Coia. O percorrido completará a Avenida Castelao e ao final da mesma continuará hacia a Avenida Europa, aproximadamente ata  a Fundación Sales, onde haberá un cambio de sentido para volver ata Praza América.

Proxecto de investigación BICAR

Este ano a Asociación Vigo contra de Cáncer decidiu que o 90% do diñeiro recadado pola mesma irá destinado ao proxecto de investigación BICAR (Bacterias Intestinais do Cáncer de Recto) que ten por obxectivo identificar perfís poblacionais na microbiota para poder predecir as respostas ao tratamento do cáncer de recto.

También te puede interesar