Destacados Vigo al minuto

Fredi Leis súmase aos Concertos do Xacobeo en Vigo

As entradas á venda este xoves

Fredi Leis súmase aos Concertos do Xacobeo en Vigo

As entradas á venda este xoves

Xa se coñece a nova data da programación musical dos Concertos do Xacobeo en Vigo. Trátase da actuación do cantautor compostelán Fredi Leis, que presentará o vindeiro 25 de novembro (21:00 horas) no Teatro García Barbón o seu novo álbum “Temas privados”.

As entradas para este novo evento do Xacobeo 21-22 sairán á venda na plataforma www.ataquilla.com este xoves, día 15 de setembro ás 10:00 horas.

Mayumaná e Fito & Fitipaldis

Este vindeiro domingo (21:00 horas) pecharase o Ciclo Xacobeo Vigo coa actuación do grupo Mayumaná no Auditorio Mar de Vigo. Tamén no mesmo escenario estará o grupo Fito y Fitipaldis o 28 de outubro (21:30 horas).

También te puede interesar