Comarcas Vigo al minuto

As traballadoras do SAF de Ponteareas conseguen as súas reivindicacións

Desconvocan a folga convocada para o día 12

Covelo aproba unha suba de 73.000€ anuais para o Servizo de Axuda no Fogar

Desconvocan a folga convocada para o día 12

As traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) de Ponteareas, que viñan mobilizándose en demanda do correspondente incremento salarial do 6,5%, correspondente ao IPC de 2021, e dunha actualización das compensacións por desprazamento, tendo en conta a exponencial suba dos prezos do combustíbel, conseguiron que a empresa concesionaria do servizo, Samaín, recoñeza os seus dereitos. Tiñan convocada folga para o vindeiro luns día 12 de setembro.

A empresa comprométese, pois, a realizar esta actualización salarial e o pagamento dos atrasos xerados dende o primeiro de xaneiro de 2022 na nómina do mes de setembro de 2022.

Quilometraxe

A  quilometraxe  pagarase a partir do 1 de setembro ao prezo de 0,21 €/ Qm.  En todo caso, de se asinar unha contía superior no convenio de axuda de fogar de Galiza actualizarase ao prezo convido no convenio.

Ambas as partes comprométense a abrir un proceso de consultas e negociación implicando ao Concello de Ponteareas, co obxectivo de acadar unha compensación por transporte para o  conxunto de traballadoras.

Xunto a isto comprométense a estudar e negociar unha mellora nas condicións da distribución de xornada das auxiliares, nomeadamente no que se refire a descansos diario e semanal das traballadoras. Ademais, a empresa convocará de inmediato unha xuntanza do comité de saúde laboral para analizar o desenvolvemento dos servizos-

Cumprimento do convenio

Mercedes Domínguez, da CIG-Porriño, que participou canda elas nas negociacións, valora positivamente o resultado da negociación matizando que “era o que a empresa tiña que facer, porque estaba recollido en convenio”.

As auxiliares de Axuda no Fogar do SAF de Ponteareas, que se viñan mobilizando desde o pasado 8 de marzo, acordaran saír só a facer aqueles servizos aos que puideran ir andando, ou ben aqueles que, aínda que precisaran de coche, constituíran unha necesidade vital para a usuaria ou usuario, desde o día 1 de setembro.

También te puede interesar