Destacados Vigo al minuto

O novo treito da VAP Tui -A Guarda, entre o Polígono de Areas e a A55, listo en 2023

Logo dun investimento de 21 millóns de euros

O novo treito da VAP Tui -A Guarda, entre o Polígono de Areas e a A55, listo en 2023

Logo dun investimento de 21 millóns de euros

O presidente do Goberno galego avanzou este martes a posta en servizo a mediados de 2023 dun novo treito da Vía de Altas Prestacións (VAP) Tui-A Guarda entre o Polígono empresarial de Areas e a autoestrada A- 55, logo dun investimento de 21 millóns de euros.

“Trátase dunha infraestrutura vital que atravesa unha das zonas máis poboadas e puxantes da provincia de Pontevedra, ao carón de Portugal co tráfico e intercambio que iso supón”, sinalou Alfonso Rueda.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado pola conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, visita as obras da Vía de Altas Prestacións (VAP) Tui – A Guarda, 06/09/22.

“Un desafío de enxeñería”

Durante unha visita á construción dun dos treitos deste eixe de comunicación do Baixo Miño e o sur da provincia de Pontevedra, o presidente Rueda asegurou que o tramo –de 600 metros de lonxitude— supón un desafío para a enxeñería, pois enlaza sobre unha glorieta elevada unha vía cara un polígono empresarial, unha autovía internacional (A-55), unha estrada nacional (N-551) e unha autonómica (PO-552).

Completar toda a Vía de Alta Capacidade

Rueda subliñou, así mesmo, a intención do Goberno galego de continuar coa construción da totalidade da VAP. Logo de levar investidos máis de 80 millóns de euros na infraestrutura, apuntou que este mesmo outono está previsto contar coa Declaración de Impacto Ambiental que ampare a continuidade da Vía de Alta Capacidade ata Goián, así
como avanzar no enlace desde Areas ata a PO-350 en Sobrada (Tomiño) e o que transcorre entre Estás e Goián.

También te puede interesar