Destacados Vigo al minuto

Ponteareas reubica as paradas de taxi

Para facilitar o uso peonil das rúas

Ponteareas reubica as paradas de taxi

Para facilitar o uso peonil das rúas

Nos pasados días o Concello de Ponteareas, de común acordo co sector do taxi, procedeu a reubicar dúas paradas do centro urbano.

Praza Bugallal

Por unha banda, a parada que anteriormente tiña a súa localización na Praza de Bugallal quedou situada agora na rúa Vidales Tomé, no tramo que ten carácter peonil, situado a carón desa praza.

Rogelio Groba

A parada que se atopaba até agora na rúa Rogelio Groba trasladouse á rúa Virxe dos Remedios, no tramo que ten tamén carácter peonil.

Neste caso o traslado persigue liberar de vehículos a rúa Rogelio Groba, un espazo de importante tránsito e estancia peonil e onde tamén se atopan diferentes terrazas de hostalaría. A coexistencia destas terrazas coa propia parada reducía considerabelmente o espazo para os peóns e dificultaba ademais o movemento dos vehículos autorizados entre as terrazas e os taxis estacionados.

Imaxe da parada tras a reubicación

10 km/h

Por último, coa nova regulación de mobilidade, os taxis poden circular por todas as zonas peonís ao tratarse dun servizo público, debendo respectar a limitación de velocidade a 10 km/h nesas rúas e prazas.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.