Destacados Vigo al minuto

Aforra auga: agrávase a situación pola ‘seca’

Aumentarán os concellos con restricións

Aforra auga: agrávase a situación pola 'seca'

Aumentarán os concellos con restricións

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade advertiu onte que a situación provocada pola seca é “grave” e adiantou que ainda que chova os próximos días, haberá un agravamento que fará necesario aumentar o número de concellos con restricións.

Ethel Vázquez insistiu na necesidade de “concienciarse” e usar a auga para o “imprescindible” e sinalou que os encoros e caudais circulantes están no seu nivel máis baixo “dende que hai rexistros“.

Cortes de auga

A conselleira, durante unha entrevista na Radio Galega, repetiu que a cada día máis concellos teñen que aprobar cortes de auga e inisitiu en que máis que nunca” hai que evitar consumos innecesarios e reprobou que haxa lugares nos que se fan “usos lúdicos” da auga, “non nolo podemos permitir”.

Plans de Emerxencia

 Ethel Vázquez lembrou que son os concellos os que teñen as competencias para aprobar medidas de aforro, engadiu que 100 dos 313 concellos aprobaron plans locais de emerxencia e amosou a súa sorpresa pola circunstancia de que haxa algúns de “certo tamaño” que non contan co mesmo.

Por último, a conselleira puxo o foco no sector industrial e incidiu na importancia de que o mesmo aposte por “medidas de reutilización” de auga como medio de aforro.





También te puede interesar