Vigo al minuto

A Xunta insta ao Concello de Vigo a intensificar as medidas de aforro de auga

Tamén a que fomente o consumo responsable

A Xunta insta ao Concello de Vigo a intensificar as medidas de aforro de auga

Tamén a que fomente o consumo responsable entre a poboación

A Xunta vén de instar aos concellos de Vigo, Nigrán e Baiona a intensificar as medidas de aforro de auga ante os niveis dos encoros de Zamáns e de Bahíñas, cuxas reservas de auga se sitúan a niveis moi inferiores para a época
do ano, ao presentar una ocupación un 25% inferior á do pasado ano.

O xerente de Augas de Galicia, Gonzalo Mosqueira, mantivo unha reunión á que estaban convocados os concellos de Vigo, de Nigrán e de Baiona, para analizar a situación dos recursos hídricos dos sistemas de Zamáns e de Bahíña.

Alta demanda de auga

Nesta reunión, á que non asistiu ningún representante do Concello de Nigrán, Augas de Galicia puxo en común a evolución de ambos os dous encoros, que evidencia a alta demanda de auga da zona, en contraprestación ao baixo nivel de recarga dos mesmos, debido á situación de seca prologada que se vén rexistrando case durante todo o ano.

No encontro, Augas de Galicia solicitou aos concellos datos máis precisos sobre os consumo de auga e información sobre as medidas que xa se estaban a adoptar e as que prevén tomar ante a situación actual e en caso de empeoramento.

“Preocupación”

A situación sobre os niveis de ocupación destes encoros foi adiantada aos concellos por carta, tras a reunión da Oficina Técnica da Seca da pasada semana.

A Oficina Técnica da Seca, ademais activar a prealerta na bacía do río Anllóns e manter esta situación na conca do Lérez, adiantou a preocupación pola situación dos encoros de Bahíña e Zamáns, dos que se está a facer especial seguimento.

Máis medidas de aforro

A raíz das análises realizadas pola Oficina Técnica da Seca, Augas de Galicia remitiu a todos os concellos afectados unha carta para advertirlles da situación, e comprometeuse a realizar un contacto específico cos municipios de cada unha de estas zonas, para realizar un seguimento coordinado, tanto da evolución dos recursos hídricos dispoñibles, como das distintas medidas de aforro que se deben de aplicar polas entidades locais para evitar un
agravamento da situación.

Despois das reuniós mantidas os pasados días cos concellos que se abastecen desde o Leréz e desde o Anllóns, hoxe Augas de Galicia convocou unha xuntanza telemática cos concellos de Vigo, de Baiona e de Nigrán.

Fomentar o uso responsable da auga entre a poboación

A Xunta prevé manter periodicamente xuntanzas con estes concellos e cos das bacías en prealerta por escaseza durante o tempo que dure esta situación, e insiste na necesidade de colaboración de todas as administracións para fomentar un uso responsable da auga entre a poboación.

También te puede interesar