Vigo al minuto

Manifestación o xoves para denunciar o “abandono” da ETEA

Ás 19:00h. dende a entrada principal

Manifestación o xoves para denunciar o "abandono" da ETEA

Ás 19:00h. dende a entrada principal

A Asociación Veciñal de Teis, convoca unha manifestación mañá xoves 11 de agosto  ás 19:00 horas, desde a entrada principal da ETEA,  para denunciar o abandono dos terreos da ETEA e esixir a instalación duns aseos, a construción da residencia pública para maiores, adecentemento dos viaís e recuperación dos espazos libres ( peirao, paseo litoral, parque público,…)

O pasado xoves 28 de xullo, xa celebraron unha concentración na praza da ETEA, para denunciar o se abandono, á que asistiron máis de 200 persoas.

Desde a saída dos militares no outono 2002, pasaron xa case 20 anos e “seguimos sen a recuperación deste espazo para a veciñanza de Teis”, apuntan dende a asociación veciñal.

Non é a primeira manifestación por este motivo

Esta non é a primeira manifestación convocada para rexieitar o abandono dos terreos de ETEA: en xullo de 2016, hai máis de 6 anos, xa se convocara outra. Logo de recoller máis de 2.500 sinaturas, houbo unha protesta case polos mesmos motivos que a do xoves: reivindicaba a apertura da piscina, o mantemento do parque e do paseo, a colocación de papeleiras, a instalación de aseos públicos e a limpeza dos terreos.

Aseos

A xuízo dos veciños, a falta duns simples aseos “é un exemplo moi claro do desleixo e o  abandono por parte da Xunta de Galiza e do Concello Vigo”.

En toda a superficie da ETEA non hai ningún aseo público aberto, algo que, “debido a gran afluencia da veciñanza sobre todo no verán, convértese nunha necesidade”.

Os veciños cren que a Xunta podería destinar o edificio que ocupaba a antiga panadaría para cafetaría con aseos públicos. Outro emprazamento podería ser o pequeno edificio ao carón da pista de skate, tamén no parque público.

Nestes dous edificios xa estaba previsto no proxecto da construción do parque público ano 2012, destinalos un para a cafetaría e outro para aseos públicos e vestiarios, que logo nunca se realizaron.

Ao Concello de Vigo, podería no quiosco que se instala todos os verán no peirao, incluír uns aseos públicos ou instalar uns aseos permanentes nalgunha das construcións existentes no peirao.

Todas as propostas da Asociación, son viábeis o único que debe existir é vontade política, de actuar nos terreos da ETEA, para dotar de servizos a veciñanza que acode a estes terreos.

Adecentamento  de viaís e recuperación de espazos

Os espazos ( parque público, paseo e peirao) “carecen dun mantemento axeitado“, non hai papeleiras en todo o peirao,  as pistas deportivas do parque  presentan deficiencias. “Estamos pendentes desde hai meses da realización do proxecto de adecentemento do viaís da ETEA, obra fundamental para o desenvolvemento deste terreos“.       

Residencia para maiores

A Asociación demanda dende hai anos a construción dunha residencia pública nos terreos da ETEA, debido a demanda social existente en Vigo  de prazas para residencias para maiores. Segundo  diferentes fontes  o 79% das residencias e o  60% dos centros de día  son de titularidade privada.

Entre outubro e decembro de 2021, realizáronse nos terreos da ETEA os traballos de demolición dos edificios actualmente en desuso: o cuartel de mariñeiría Méndez Núñez e o cuartel de alumnos José Luís Díaz, para liberar estes terreos para construción deste residencia.

Despois de varios meses da finalización destes traballos de demolición e cos terreos xa liberados, aínda non comezaron as obras para construción desta residencia para persoas maiores.

A Asociación denuncia que  a Xunta anunciou en marzo de 2017  a construción  dunha residencia para maiores  nos terreos da ETEA, despois de seis anos aínda non se colocou, nin a primeira pedra.

Te podría interesar