Cultura Vigo al minuto

Esgotadas as prazas para a ‘Escola de Letras’ de Diego Giráldez e Anna Figueiredo

Celebraranse a partir de setembro nas sedes da Deputación en Vigo e Pontevedra

Esgotadas as prazas para a 'Escola de Letras' de Diego Giráldez e Anna Figueiredo

Celebraranse a partir de setembro nas sedes da Deputación en Vigo e Pontevedra

Nunha soa xornada esgotáronse este pasado luns as prazas para os dous novos obradoiros da Escola de Letras da Deputación de Pontevedra e a Editorial Galaxia que se celebrarán a partir de setembro, impartidos polos docentes Diego Giráldez e Anna Figueiredo en Vigo e Pontevedra.

Para ambos hai tamén unha ampla lista de agarda, para o caso en que se produzan baixas.

Diego Giráldez

O obradoiro literario que ofrecerá Diego Giráldez terá 5 sesións (os días 13, 20 e 27 de setembro e 4 e 11 de outubro) e celebrarase na sede da Deputación en Vigo en horario de 18 a 20 horas.

Anna Figueiredo

Pola súa banda, o obradoiro de Anna Figueiredo celebrarase no Edificio Administrativo da Deputación en Pontevedra os días 19 e 26 de setembro; 3, 10, 17 e 24 de outubro e 7 e 14 de novembro de 19 a 21 horas e leva por título “Escribir, xéneros, técnicas, temáticas”.

Derrradeiros obradoiros de 2022

Por outra banda, en setembro abrirase a inscrición para o derradeiro dos obradoiros previstos neste 2022, que ofrecerá a autora Elvira Ribeiro en Pontevedra e que terá lugar en outubro, os días 18 e 25.

A Escola de Letras da Deputación e a Editorial Galaxia, pioneira en Galicia e unha das escasas a nivel estatal, arrancou no ano 2020 co obxectivo de fomentar o talento na provincia e xerar un espazo de encontro entre autoras e autores consagrados e persoas amantes da literatura galega, a través dun abano de obradoiros que abarcan a novela, o relato ou a poesía, para todos os públicos.

Neste 2022 ofertáronse un total de seis obradoiros e xa se celebraron os tres primeiros, dous impartidos por
Inma López Silva (un en Vigo e outro en Pontevedra) e un por Antonio García Teijeiro en Vigo.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.