Comarcas Vigo al minuto

Empeza a transformación da estrada Mos-Puxeiros

Cun investimento de preto de 500.000 euros

Cun investimento de preto de 500.000 euros

A Deputación vén de dar o primeiro paso para a mellora integral da EP-2601 Mos-Puxeiros coa presentación da fase inicial desta actuación para garantir a seguridade viaria e peonil nesta estrada e atender así unha demanda histórica da veciñanza.

Carmela Silva, acompañada da alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e de representantes da corporación municipal, de asociacións veciñais das catro parroquias polas que discorre o viario, dos presidentes da Comunidade de Montes e da Fundación Pazo de Mos, deu a coñecer hoxe este proxecto que, como subliñou, “dá resposta a unha demanda histórica. A actuación vai supoñer un antes e un despois nesta estrada, unha grande transformación na que a prioridades serán as persoas”.

Catro tramos

Silva destacou que esta actuación integral dividiuse en catro tramos e decidiuse conxuntamente co Concello e coa veciñanza comezar polo treito de case 600 metros no que se inicia o viario e que discorre pola parroquia de Santa Eulalia, ao ser lugar de paso do Camiño de Santiago, “que debe ser unha prioridade, porque cada día se achega máis xente que o fai e queremos telo nas mellores condicións posibles”.

446.545 euros

As obras, que terán un orzamento de licitación de case medio millón de euros (446.545€) _que asumirá ao 100% a institución provincial xa que o 30% de aportación municipal financiarase co Plan Concellos_, garantirán espazos peonís continuos, cunha senda de 2,5 metros de ancho durante a maior parte da estrada, e contempla tamén a renovación do alumeado “con criterios de respecto ao medio ambiente e aforro enerxético” e de servizos como o saneamento.

Cooperación co Concello de Mos

Carmela Silva agradeceu a colaboración do Concello e a veciñanza “para dispoñer de todo o que precisabamos para poñer en marcha este novo modelo de infraestruturas provinciais” e anunciou que a partir deste momento “non pararemos ata rematar coa mellora do total de 5,6 quilómetros desta estrada”.

Deste xeito, se está a traballar nas outras fases do viario “no que xa realizaramos cuestións de mantemento e seguridade pero que é certo como nos trasladou xa hai tempo a alcaldesa que había necesidade de actuar.

Ao longo da estrada hai moitos núcleos de poboación e vivendas, e «a xente que vive nelas ten que ter espazos para transitar con seguridade, e tamén para camiñar”. A presidenta indicou que se espera licitar en setembro esta primeira fase, “e imos priorizala” para que as obras comecen neste 2022, mentres que xa se está a perfilar co Concello a segunda, cuxo proxecto está redactado e está agora pendente da consecución dos terreos necesarios para realizar a obra.

Unha demanda histórica    

A alcaldesa Nidia Arévalo, amosou a súa satisfacción por “poñer xa data” á mellora da estrada, “unha demanda de hai moitísimos anos” e agradeceu o traballo conxunto “sempre da man” da Deputación e coa veciñanza “que estivo do noso lado buscando que o proxecto recollera as demandas de todas as parroquias e agora poñendo a disposición os terreos”.

Destacou que “este ano poderemos ver iniciadas as obras nesta estrada, que é das máis transitadas por vehículos, e ten moita participación de persoas ao seu redor”, e lembrou que a EP-2601 transcorre por catro parroquias, “con catro igrexas, dúas escolas con moito alumnado e onde hai zonas con moita cultura e moita vida, co Pazo de Mos, o Centro Dotacional de Torroso, a Asociación de Veciños e Veciñas de Dornelas, e esa era a preocupación, nos atopabamos nunha estrada onde cada día camiña rapazada, persoas maiores, persoas peregrinas e urxíanos comezar”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.