RGPD - Cookies
Deportes Vigo al minuto

O policía local do Porriño Javier Rodríguez, campión do mundo

Gañou o ouro nos XIX Xogos Mundiais de Policías e Bombeiros, disputados en Rotterdam

O policía local do Porriño Javier Rodríguez, campión do mundo

Gañou o ouro nos XIX Xogos Mundiais de Policías e Bombeiros, disputados en Rotterdam

Javier Rodríguez, axente da Policía Local do Porriño, proclamouse esta fin de semana campión do mundo en ciclismo nos XIX Xogos Mundiais de Policías e Bombeiros, que se disputaron na cidade holandesa de Rotterdam.

O axente é un veterano deste evento, no que compite dende o ano 2003 colleitando éxitos: catro medallas de ouro, tres de prata e dúas de bronce. Este ano, suma un novo ouro tras impoñerse na súa disciplina.

Este evento bianual, aberto á participación tanto de persoal en activo como de xubilados das forzas de seguridade e bombeiros de todo o mundo, é o segundo con maior participación a nivel mundial, só por detrás dos Xogos Olímpicos.

Desta vez acudiron á cita algo máis de 10.000 atletas de máis de 80 países. Os xogos constan de 63 disciplinas que van dende o ciclismo ao atletismo, pasando polo baloncesto, tenis, natación… e outras específicas destes corpos de intervención como a carreira vertical, tiro policial ou subida de escaleiras.

O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, felicitou ao axente por este novo éxito que “coñecendo a Javi seguro non será o último” .

También te puede interesar