Destacados Vigo al minuto

Este mércores, á venda as entradas para o concerto de Lola Índigo en Vigo

E este martes pola tarde ainda podes comprar para Love of Lesbian e Tanxugueiras

Este mércores, á venda as entradas para o concerto de Loila Índigo en Vigo

E este martes pola tarde ainda podes comprar para Love of Lesbian e Tanxugueiras

Mañá mércores, día 27, estarán á venda as entradas para o concerto de Lola Índigo no auditorio de Castrelos, as cales terán un prezo de 5€. A actuación da artista madrileña será o luns 8 de agosto as 22:00 horas.

O mesmo sistema de venda

Para este concerto expediranse 5.000 reservas en dúas modalidades de compra simultánea: ás 10:00 horas da maña sairán 500 entradas na billeteira do auditorio do concello e 2.000 para compra online, as mesmas cantidades poranse a venda pola tarde, ás 17:00 horas, para facilitar o acceso de toda a cidadanía.

Leiva

Lembra que este martes, dende as 17:00h. expendese a segunda quenda de entradas para a actuación de Leiva, que estará en Castrelos o 4 de agosto as 22:00 horas. Ao igual que pola mañá, sairán 1.500 entradas online e 1.000 en modalidade presencial na Praza do Rei, cun prezo de 12€.

Na venda online da mañá esgotáronse inmediatamente, xa que se conectaron 22.500 persoas desexando adquirir algunha das 1.500 reservas.

Aínda hai entradas para Love of Lesbian e Tanxugueiras

Tamén están á venda das reservas para os concertos desta semana que quedaron pendentes de adquisición, saíndo de forma online ás 17:00 horas deste martes pola tarde.

Para o concerto de Love of Lesbian, que subirán o escenario de Castrelos o venres 29 de xullo as 22:00 horas, venderanse 300 entradas a 10€.

Por outra banda, o sábado 30 as 21:30 horas terá lugar o concerto de Tanxugueiras, para as que esta tarde estarán a venda 700 reservas, cun prezo de 5€.

También te puede interesar