Destacados Vigo al minuto

Covelo pecha as súas festas con milleiros de visitantes

Servíronse máis de 2.000 racións de churrasco

Covelo pecha as súas festas con milleiros de visitantes

Servíronse máis de 2.000 racións de churrasco

Un ano máis, as festas patronais e do churrasco de Covelo, contaron cunha alta participación tanto nas actividades programadas como na propia festa gastronómica na que se venderon todos os tickets.

“Ano tras ano, temos a oportunidade de gozar de tres intensos días de convivencia e confraternidade nas que compartimos diferentes actividades programadas para satisfacer a todas as franxas de idades, sinala o alcalde.

Pablo Castillo agradeceu o traballo de todas as persoas que estiveron detrás facendo posible que todo saira ben, tamén aos musicos e as súas actuacións e a todo o público asistente.

Máis de 2.000 racións de churrasco con pementos

O alcalde quixo salientar a “especial implicacion de Nito e de todo o equipo de preparación, empratado e reparto do churrasco”, e apuntou que nestes tres días Covelo acolleu concertos, actividades infantís, música de orquestras e de charangas e a súa festa gastronómica, celebrada no campo da feira e nos locais de hostalaría, servindo máis de 2.000 racións de churrasco con pementos.

También te puede interesar