Comarcas Vigo al minuto

Nigrán instalará este sábado un ‘megatobogán’ acuático na Ramallosa

Totalmente gratuito para nenas e nenos que teñan a partir de 6 anos de idade

Nigrán instalará este sábado un 'megatobocán' acuático na Ramallosa

Totalmente gratuito para nenas e nenos que teñan a partir de 6 anos de idade

O Concello de Nigrán ofrece este sábado 23 de xullo unha das súas actividades estrelas deste mes para o público infantil e xuvenil: un megatobogán acuático de 65 metros de longo que discorrerá ao longo da rúa Damas Apostólicas, en A Ramallosa aproveitando a pendente desta estrada.

Gratuito

A estrutura funcionará, de xeito totalmente gratuíto, de 12:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas, estando indicada para rapazada a partir dos 6 anos de idade. Os participantes tan só deben acudir en bañador e recibirán un flotador por parte da organización para deslizarse sobre el durante todo o percorrido.

“A rúa Damas Apostólicas transformarase durante un día no parque acuático de Nigrán para o goce do público máis pequeno“, explica o alcalde, Juan González, quen incide en que coincide co ‘Rilla na Rúa‘, feira itinerante de food-truks instalada na Alameda de A Ramallosa, “polo que o Concello de Nigrán ofrece o sábado un plan familiar completo”.

También te puede interesar