Galicia Vigo al minuto

A Xunta dará axudas de até 700€ para comprar bicicletas eléctricas

As solicitudes poderán presentarse dende o 1 de agosto

A Xunta dará axudas de até 700€ para comprar bicicletas eléctricas

As solicitudes poderán presentarse dende o 1 de agosto

O presidente Rueda, anunciou este xoves que a Xunta dará axudas de entre 500 e 700€ para comprar bicicletas eléctricas con pedaleo asistido. En total, a administración galega destinará ás mesmas un total de 500.000€.

Esta medida forma parte das actuacións que teñen por finalidade fomentar a mobilidade sustentable e combater o cambio climático, dacordo co programa Ebici, da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade.

Búscase así, facilitar os desprazamentos cotiáns de curta distancia e, do mesmo xeito apostar pola redución das emisións de gases de efecto invernadoiro e a mellora da saúde persoal.

Solicitudes

A Xunta publica este venres a primeira convocatoria no Diario Oficial de Galicia (DOG). As persoas interesadas nas axudas poderán presentar a súa solicitude a partir do 1 de agosto e tramitala través dalgunha das entidades adheridas que figuren na listaxe que publicará a Dirección Xeral de Mobilidade no enlace que ao que podes entrar premendo aquí.



También te puede interesar