RGPD - Cookies
Comarcas Vigo al minuto

A Deputación aproba investimentos de 1,4 millóns de euros en sete concellos

Marín, Poio, Cerdedo-Cotobade, Covelo, Dozón, A Guarda e Pontecesures

A Deputación aproba investimentos de 1,4 millóns de euros en sete concellos

Marín, Poio, Cerdedo-Cotobade, Covelo, Dozón, A Guarda e Pontecesures

A Deputación de Pontevedra vén de dar luz verde a 1.462.641€ en investimentos ao abeiro do Plan Concellos que chegarán a sete municipios da provincia. Grazas a estes recursos, poderán realizarse actuacións para transformar o espazo público e crear dotacións municipais en Marín, Poio, Cerdedo-Cotobade, Covelo, Dozón, A Guarda e Pontecesures.

Poio

Destaca a inversión realizada en Poio, que recibirá achegas para dúas actuacións por un valor total de 501.376 euros, cos que poderá realizar obras de humanización en dúas parroquias. Por unha banda, 351.584 euros serán para a mellora do firme e a renovación e dotación da rede de abastecemento, saneamento e pluviais na parroquia de Samieira, en Arén.

Pola outra, en Liñares, na parroquia de San Xoán, 149.792 euros irán destinados a mellorar o firme, instalar alumeado público soterrado e realizar a previsión para a baixada das liñas aéreas eléctricas e de telefonía no Camiño da Paradela.

Marín

Ademais, Marín recibirá 284.309 euros para o mantemento do firme de camiños rurais nas parroquias de San Xián, San Xurxo (Mogor), Nosa Señora do Carme (Seixo), Santa María (O Campo), Santo Tomé de Piñeiro e Santa María (Ardán). En total, estas obras de conservación e mantemento realizaranse sobre máis de 3 quilómetros de vías.

Cerdedo-Cotobade

Tamén na comarca de Pontevedra, Cercedo-Cotobade poderá construír unha EDAR con humedais artificiais na parroquia de Quireza grazas a unha achega de 98.835 euros. Esta instalación quere minimizar o impacto das augas residuais dos lugares dos Castros e do Outeiro empregando un método de deputación que se integra na forma de vida da zona.

A Guarda

A Guarda disporá de 317.955 euros para realizar a primeira fase da mellora da mobilidade na rúa Coruña, coa intención de reordenar a rúa para gañar espazos para as e os peóns, mellorando así a seguridade viaria e renovando e mellorando as redes de servizo. Entre as principais actuacións están a dotación dun percorrido peonil continuo e seguro, o incremento do ancho das beirarrúas, a eliminación de barreiras arquitectónicas, a mellora dos pasos de peóns e a creación de zonas axardinadas.

Covelo

Por outra banda, Covelo contará con 105.881 euros para acondicionar a contorna da Igrexa de Santiago de Prado de Canda, unha obra na que se executará un ramal de saneamento na rúa Aldea de Abaixo, canalizando a recollida de augas pluviais e renovando ademais o pavimento da zona.

Dozón

Ademais, a Deputación aporta 60.000 euros a Dozón para construír una nova para o novo viveiro industrial de empresas, que complementará á xa existente, construída en 2020 e ao 100% de ocupación na actualidade.

Pontecesures

Por último, Pontecesures recibirá 96.285 euros do Plan Concellos para mellorar varias vías. En concreto, actuarase na nas rúas Fontaíña, Illán e Couto e nos camiños de Outeiro e dos Mariñeiros.

También te puede interesar