Cultura Destacados

654 filmes optan a proxectarse na sexta edición do Galician Freaky Film Festival

Celébrase en Vigo os días 23,24 de setembro e do 28 de setembro ao 1 de outubro

654 filmes optan a proxectarse na sexta edición do Galician Freaky Film Festival

Celébrase en Vigo os días 23,24 de setembro e do 28 de setembro ao 1 de outubro

Galician Freaky Film Festival pechou o prazo de recepción de pezas audiovisuais para a súa sexta edición, que se celebrará os días 23 e 24 de setembro e do 28 de setembro ao 1 de outubro.

O total de traballos recibidos que optan a ser proxectados foi de 654. Un número semellante ao da pasada edición e que demostra a consolidación do festival de cinema underground de Vigo.

India, Corea, Malasia, Chile, Italia, Rusia ou México

Os más de 600 filmes rexistrados foron producidos en 2021 e teñen procedencias moi diversas. Encontramos traballos americanos, de países como México, Brasil, Arxentina e Chile; asiáticos, de India, Corea do Sul, Taiwán ou Malasia; e europeos, de nacionalidade francesa, inglesa, alemá, italiana ou rusa. Por suposto, unha parte importante dos traballos recibidos proceden de España.

70 curtas na sección oficial

O equipo de programación visionará o material para dar forma á sección oficial, que estará composta por preto de 70 curtametraxes.

Ademais dos filmes recibidos a través da plataforma e o seu propio formulario, a organización traballa tamén co catálogo doutros festivais encadrados nos xéneros de terror, fantasía, ciencia ficción e gore. Tamén se investiga no terreo local, coa intención de coñecer todos os traballos feitos en Galicia no último ano, como mostra de compromiso co sector audiovisual do noso país.

Nas próximas semanas a organización fará a súa tradicional presentación de cartel, que desvelará a película homenaxeada na presente edición. Tamén se dará a coñecer a nova localización da sala Videodrome, así como as actividades paralelas das que gozaremos e que, xunto á selección oficial, convertirán Vigo nun centro de peregrinación freak a finais de setembro.

También te puede interesar