RGPD - Cookies
Comarcas Vigo al minuto

Casarse no Porriño é gratis

O Concello elimina a taxa de 100€ por matrimonio civil

Casarse no Porriño é gratis

O Concello elimina a taxa de 100€ por matrimonio civil

Casarse no Porriño é gratis….a cerimonia, queremos dícir. O Concello vén de acordar a supresión da taxa pola prestación deste servizo estipulada na “Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola prestación do servizo de matrimonio civil do Concello do Porriño”. A mesma, en vigor dende o ano 2012, estipulaba unha taxa de 100 euros.

Crise económica

Os cambios producidos nos últimos tempos coa crise económica derivada da pandemia, o aumento da inflación co incremento de prezos de electricidade e combustible e a incertidume económica que atravesamos neste momento fan  necesario, según explicou o alcalde, Alejandro Lorenzo, “alixerar na medida do posible as cargas sobre a veciñanza”.

Acordo do Pleno

O alcalde explicou que no ano 2021 tramitáronse neste concello 17 expedientes de matrimonio civil, que supuxeron uns ingresos de 1.700 euros. Non falamos de cifras que poidan provocar un desaxuste orzamentario e para moitas persoas é importante poder casarse no seu concello. Ao igual que noutros é gratuito, no Porriño debía selo tamén”.

Con tal motivo, o Goberno Municipal propuxo a supresión da taxa pola actividade administrativa iniciada e desenvolvida pola prestación de matrimonio civil e a derogación da ordenanza fiscal que a regula, obtendo o respaldo do Pleno.

También te puede interesar