Comarcas Vigo al minuto

Este mércores entra en marcha o préstamo de bicis eléctricas entre Galicia e Portugal

Para fomentar a mobilidade suave e o turismo na ‘raia’

Para fomentar a mobilidade suave e o turismo na ‘raia

O AECT Rio Minho vai estrear este mércores 6 de xullo ás 12 horas o servizo de préstamo de bicicletas eléctricas transfronteirizas ‘E-bike Rio Minho’ que funcionará nas eurocidades de Salvaterra-Monçao, Tomiño-Cerveira e Tui-Valença para fomentar a mobilidade suave e o turismo na ‘raia’.

Circulando libremente dun lado a outro da fronteira

O ‘bike-sharing’ é unha iniciativa do Agrupamento Europeo de Cooperación Territorial miñoto en beneficio das eurocidades que pretende ser un servizo conxunto transfronteirizo.

Trátase dun proxecto icónico e tamén simbólico, xa que supón o primeiro fito de actuación compartida real logo da problemática vivida durante o peche de fronteiras motivado pola pandemia: as bicicletas poderán circular libremente entre un e outro lado da fronteira potenciando tanto a relación entre a veciñanza dunha e outra beira como o turismo activo.

Pedaleando entre Galicia e Portugal

O acto de estrea comezará coa chegada de algunhas bicicletas do servizo das eurocidades de Salvaterra-Monçao e Tomiño Cerveira, que se xuntarán coas existentes en Tui-Valença na estación de comboios de Valença.

As persoas que queiran facer o traxecto de acompañamento poderán facelo nas bicis eléctricas dispoñibles ou nas súas propias, sempre levando o casco propio correspondente.

Iniciativa pioneira

O proxecto ‘E-bike Rio Minho’ é unha iniciativa piloto pioneira na fronteira ibérica para potenciar a mobilidade suave, é dicir, o uso alternativo aos vehículos a motor, e enmárcase dentro do Plan de Mobilidade Sustentable Transfronteiriza (PMST) promovido pola Deputación de Pontevedra no ámbito do proxecto ‘Estratexia de cooperación intelixente do río transfronteirizo do Miño’ Smart_Miño_ cofinanciado polo Programa Interreg VA.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.