Galicia Vigo al minuto

Este luns comeza en Galicia a campaña do polbo

Vixiada por Gardacostas

Este luns, ás 05.00 da mañá, comeza en Galicia a campaña extractiva do polbo e prolongarase ata a data de inicio da veda do ano 2023 que se fixará a través do correspondente plan e se publicará antes do seu comezo.

Cotas máximas de captura

Segundo o plan acordado pola Consellería do Mar e o sector sobre a pesca do polbo, a partir do 4 de xullo -data na que remata a veda- ata o 31 de agosto a cota máxima de captura desta especie é de 30 quilogramos por barco e día.

A esta cantidade engádenselle 30 quilos ao día por cada tripulante enrolado a bordo ata un máximo de 210 quilogramos ao día. No resto da campaña a cota máxima será de 50 quilos por embarcación e día, cantidade á que se engaden 50 quilogramos diarios por cada tripulante enrolado a bordo ata un máximo de 350 quilos por día.

Horario de traballo

O horario de traballo das embarcacións con nasa para polbo iniciarase ás 06.00 horas -aínda que poden saír do porto ás 05.00 horas- e finalizará ás 16.00 horas.

Nasas

O número de nasas permitido queda establecido en función do tamaño da embarcación e do número de tripulantes enrolados a bordo.

En canto ao réxime de calamento das nasas, de cabo Silleiro a Corrubedo os aparellos terán que levantarse do seu calamento e levarse a porto todos os días coas seguintes excepcións: na zona de cabo Silleiro a Con da Aguieira aquelas que estean establecidas en fondos superiores aos 20 metros poderán permanecer no seu calado sen ser levadas a porto incluso durante o período de descanso semanal.

O mesmo rexerá para a cara oeste da illa de Ons, desde O Con da Serriña ata o illote do Centulo, onde as nasas poderán permanecer no seu calamento sen seren levadas a porto e sen limitación de profundidade.

Na zona de Con da Aguieira a cabo Corrubedo ata o 1 de outubro terán que levantarse as nasas e levalas a porto todos os días. Desde esa data ata o inicio da veda do ano seguinte as nasas poderán permanecer caladas incluso durante o período de descanso semanal.

No resto do litoral galego, as nasas poderán permanecer no seu calamento sen seren levadas a porto, incluso durante o período de descanso semanal.

Gardacostas de Galicia

A actividade será controlada a través do programa de seguimento e control levado a cabo pola Subdirección Xeral de Gardacostas de Galicia en colaboración cos gardacostas das confrarías de pescadores e os servizos contratados ao efecto.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.