Destacados Vigo al minuto

O BNG de Vigo aspira a multiplicar apoios cara as municipais de 2023

Durante tres anos de mandato despregou 663 propostas e iniciativas

O Bloque Nacionalista Galego aspira a multiplicar apoios en Vigo como alternativa política “en positivo” de cara ás eleccións municipais de 2023.

A organización nacionalista pon en valor o traballo realizado durante os tres anos do actual mandato nos que despregaron 663 propostas e iniciativas sobre a práctica totalidade dos asuntos que preocupan ás viguesas e vigueses.

O BNG desenvolvemos un traballo permanente, abordando desde os grandes temas até as cuestións máis cotiás, que con humildade, mais de maneira desacomplexada, cremos que marcou a diferenza”, subliñou o portavoz municipal do BNG de Vigo.

Xabier P. Igrexas, ofreceu este mércores un almorzo informativo celebrado este mércores para valorar a situación política local e as perspectivas e liñas de traballo do BNG.

Oposición «constructiva»

Igrexas defendeu o papel do Bloque en Vigo como oposición “construtiva”, no que destacou que cada crítica e denuncia foi acompañada dunha proposta ou solución aos problemas da cidade fronte ao “coro inútil da confrontación pola confrontación” do resto de formacións políticas.

Neste sentido, salientou a coherencia do BNG na defensa “incondicional” dos intereses de Vigo tanto no Concello, no Parlamento galego, no Congreso como no Parlamento europeo.

“Nós non defendemos a Vigo en función da cor política do goberno de turno, nin temos posicións que van e veñen como outras forzas”, afirmou. Ademais do traballo institucional, fixo fincapé tamén na actividade das nacionalistas a pé de rúa pateando os barrios e as parroquias, nun estreito contacto co tecido asociativo e cos movementos sociais”.

Sumar, fronte ao goberno ‘fake’

O edil nacionalista adiantou que o BNG traballa xa na posta en marcha dun proceso participativo de base ampla co que aspiran a “sumar para multiplicarnos” cara aos comicios municipais previstos para maio de 2023.

Queremos sumar a moitos millares de viguesas e vigueses máis ao noso proxecto de mudanza para Vigo”, asegurou. “O BNG queremos despregar unha alternativa que permita resetear a cidade, para que Vigo volva coller impulso  fronte a un Goberno fake, que promete pero que non fai e que instalou a cidade na inercia”.

«Covardía» de Caballero

O portavoz municipal do BNG volveu afear o rexeitamento do alcalde de Vigo a convocar o Debate sobre o Estado da Cidade, proposto polas nacionalistas, por “pura e dura covardía e desprezo á pluralidade”. Unha negativa que, a xuízo do Bloque, evidencia a “radicalización na deriva autoritaria e antidemocrática do PSOE de Abel Caballero”.


O concelleiro do Bloque chamou a todas as viguesas e vigueses “que cren que temos que avanzar cara a unha cidade non só máis fermosa, senón sobre todo máis habitábel e verde, coas persoas no centro, sabendo que humanizar de verdade é actuar para que deixe de haber filas da fame ou xente tendo que durmir nas rúas que se inauguran” a se sumar ao proxecto nacionalista.

Candidatura

A preguntas dos xornalistas a respecto da configuración da candidatura de cara ás vindeiras eleccións municipais, Igrexas explicou que o Bloque vén de iniciar o proceso interno que deberá resolverse nas vindeiras semanas. “O BNG somos unha organización radicalmente democrática e será a militancia quen decida, coma sempre, que persoa encabezará a candidatura”, afirmou.

En relación á súa continuidade á fronte do BNG vigués reiterou que “no Bloque non hai nin dedazos nin autoproclamacións”. “Levo militando con orgullo no BNG desde 1999 e, como desde o primeiro día, estou a disposición da miña organización”, remachou.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.