Comarcas Vigo al minuto

As Alfombras florais encherán de cor as rúas da Guarda esta fin de semana

Vila recupera unha das súas festas tradicionais, logo da pandemia

As Alfombras florais encherán de cor as rúas da Guarda esta fin de semana

Esta fin de semana celebrase a festividade do Corpus na vila da Guarda e dende fai semanas moitas persoas traballan na preparación dos diferentes materiais que se empregarán na confección das Alfombras Florais.

Organízanse para levar a cabo a realización duns 2.300 metros cadrados de superficie en tapices florais que lucirán, nas 10 rúas que se engalan para esta ocasión.

Dende o século XVIII

Existen informacións antigas que deixan constancia da importancia da celebración da Festa do Corpus na Guarda xa dende o século XVIII.

A Asociación Cultural Alfombras da Guarda, creada en 2018, é a encargada na actualidade de velar pola promoción e manter a tradición histórica das alfombras florais do Corpus, así como “dar a coñecer, por en valor e visualizar o traballo e orgullo que supón para os seus veciños, membros e colaboradores e a poboación guardesa en xeral”.

También te puede interesar