Vigo al minuto

Móveste en MVP por Vigo? isto é o que debes saber para circular dende este xoves

A cidade ten a «normativa máis restritiva de España»

A Asociación de Usuarios de Vehículos de Mobilidade Persoal de Vigo quere axudar á cidadanía que ten este tipo de vehículos a comprender a gran cantidade de obrigas, normas, infraccións, condicionantes e limitacións que aparecen reflectidos na nova ordenanza que regula os VMP en Vigo, e que entrará en vigor este xoves, día 9 de xuño.

A campaña consistirá no reparto de trípticos informativos (elaborados pola propia entidade). Os propios repartidores e repartidoras serán tamén «puntos de información», e resolverán as principais dúbidas que as persoas usuarias de VMP poidan ter.

Algunhas información incorrectas ou inexactas na prensa

Entre algunhas das informacións incorrectas que apareceron na prensa local durante a última semana están: a normativa entrou en vigor o día 1-2 de xuño (entra o día 9); que se require un seguro de responsabilidade civil de polo menos 500.000 euros (requírese seguro, pero non ten cantidade mínima); hai que ter un certificado de circulación (existe unha moratoria ata 2027 segundo o RD 970/2020); é obrigatorio usar un chaleco reflector (en realidade fálase na ordenanza de prenda ou elemento reflector); que os VMP non poden saír de noite ou con chuvia forte (só os VMP sen luces teñen prohibido o seu uso entre a posta e a saída do sol e con condicións de visibilidade adversas); non poden aparcar na beirarrúa (poden, baixo certas condicións).

O folleto, que pode descargarse pinchando aquí , pretende aclarar dun só vistazo a meirande parte das dúbidas sobre o uso de VMP na cidade de Vigo (limitacións de velocidade, normas de circulación e estacionamento, infraccións, espazos de uso, etc.). Ademais, conta cun código QR que dá acceso directo ao texto oficial da ordenanza.

Dúbidas coa ordenanza e reunións co Concello

Así mesmo, o pasado 30 de maio a Asociación Vigo VMP puido reunirse co intendente da Policía Local e coa xefa de Seguridade do Concello de Vigo co fin de trasladarlles algunhas dúbidas sobre a aplicación da ordenanza.

Por outra banda, a Asociación Vigo VMP segue amosando o seu rexeitamento a limitar a circulación dos VMP sen guiador e tamén dos VMP de máis de dúas rodas.

Vigo ten a ordenanza máis restritiva de España

Ao seu xuízo, «a ordenanza xera unhas categorías confusas, ambiguas e arbitrarias que non se basean en datos estatísticos nin estudos científicos, convertendo esta ordenanza na máis restritiva de España con diferenza».

A asociación Vigo VMP espera que, co diálogo aberto co Concello de Vigo e co intercambio de información, se poidan chegar a acordos futuros que rebaixen estas limitacións.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.