Destacados Vigo al minuto

Uns 1.000 traballadores incorpóranse ao servizo de extinción de incendios forestais

Estarán operativos ata o vindeiro 17 de novembro

Uns 1.000 traballadores incorpóranse ao servizo de extinción de incendios forestais

A Xunta reincorpora desde mañá preto dun millar de traballadores que ocupan prazas de natureza descontinua de seis meses – ata o vindeiro 17 de novembro– ao Servizo de Prevención e Extinción de Incendios Forestais.

Esta incorporación, sinalan dende Medio Rural, faise efectiva “de acordo coas necesidades de programación e planificación e en función das circunstancias climatolóxicas presentes e previstas.

Bombeiros e persoal de apoio

O persoal que se incorpora agrúpase en dous colectivos: por unha parte os vinculados directamente coa prevención e extinción de incendios e que forman parte das brigadas que son bombeiros forestais das categorías de Xefes de Brigada, Bombeiro condutor e Bombeiros xuntos cos Bombeiros condutores de motobomba.

Doutra parte o persoal con tarefas de apoio e loxística que se distribúe en persoal técnico, emisoristas, vixiantes e
operadores codificadores.

Deste xeito, “refórzanse os medios, tanto humanos como materiais, para o correcto funcionamento do servizo de loita contra os incendios forestais”.

También te puede interesar