Destacados Vigo al minuto

Uns 1.000 traballadores incorpóranse ao servizo de extinción de incendios forestais

Estarán operativos ata o vindeiro 17 de novembro

Uns 1.000 traballadores incorpóranse ao servizo de extinción de incendios forestais

A Xunta reincorpora desde mañá preto dun millar de traballadores que ocupan prazas de natureza descontinua de seis meses – ata o vindeiro 17 de novembro– ao Servizo de Prevención e Extinción de Incendios Forestais.

Esta incorporación, sinalan dende Medio Rural, faise efectiva «de acordo coas necesidades de programación e planificación e en función das circunstancias climatolóxicas presentes e previstas.»

Bombeiros e persoal de apoio

O persoal que se incorpora agrúpase en dous colectivos: por unha parte os vinculados directamente coa prevención e extinción de incendios e que forman parte das brigadas que son bombeiros forestais das categorías de Xefes de Brigada, Bombeiro condutor e Bombeiros xuntos cos Bombeiros condutores de motobomba.

Doutra parte o persoal con tarefas de apoio e loxística que se distribúe en persoal técnico, emisoristas, vixiantes e
operadores codificadores.

Deste xeito, «refórzanse os medios, tanto humanos como materiais, para o correcto funcionamento do servizo de loita contra os incendios forestais».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.