Galicia Sucesos

A ponte de Semana Santa pechouse sen mortos nas estradas de Galicia

O venres foi o día que rexistrou máis sinistros, con 20 accidentes de tráfico

A ponte de Semana Santa pechouse sen mortos nas estradas de Galicia

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a Semana Santa 77 persoas debido a 62 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas entre as 15:00 horas do mércores, 13, e as 12 menos un minuto da noite do pasado domingo, 17 de abril.

A Central de Coordinación do 061 recibiu nestes días 76 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 62 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atendeu un total de 77 persoas.

Recursos mobilizados

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 75. Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado asistiron en 8 accidentes; o helicóptero medicalizado atendeu nunha ocasión; as ambulancias asistenciais de soporte vital básico mobilizáronse en 61 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria prestaron asistencia sanitaria en 5 accidentes.

En 64 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes e en   13 ocasións atendeuse no propio lugar do incidente.

También te puede interesar