Ciencia y Tecnología Galicia

O Sergas convoca o 23 e 24 de abril os exames de oposición de 9 categorías

No Recinto da Feira Internacional de Galicia en Silleda.

Piden que los especialistas puedan derivar directamente pacientes al fisioterapeuta

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe, o anuncio da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, polo que se dá publicidade ao lugar, data e hora de realización dos exercicios da fase de oposición dos procesos selectivos para o acceso a 9 categorías profesionais.

As mesmas son: facultativo especialista de área das especialidades de cirurxía oral e maxilofacial; cirurxía pediátrica; cirurxía plástica, estética e reparadora; inmunoloxía; oncoloxía radioterápica; fontaneiro; costureiro; pinche (quenda de discapacidade intelectual); e técnico en farmacia (quenda de discapacidade intelectual).

Os exercicios serán o sabado 23 e domingo 24 de abril próximos, no Recinto da Feira Internacional de Galicia en Silleda.

Sábado, 23

En concreto, o día 23 de abril, ás 9.30 horas, examinaranse os facultativos especialistas de cirurxía oral e maxilofacial; cirurxía pediátrica; de cirurxía plástica, estética e reparadora; inmunoloxía; de oncoloxía radioterápica; así como os fontaneiros. Xa pola tarde, ás 15.30 horas, examinaranse as persoas que optan ás prazas da categoría de costura.

Domingo, 24

O domingo 24 de abril, ás 10 horas, acudirán ao Recinto de Silleda os pinches (quenda de discapacidade intelectual), e os técnicos de farmacia (quenda de discapacidade intelectual).

Medidas de seguridade e organizativas

Como aspectos máis destacados do proceso, o Sergas sinala que a acreditación para o acceso ao lugar de realización das probas efectuarase a través de código QR, que o aspirante terá á súa disposición en Fides/expedient-e, desde a data da publicación en DOG, e que deberá levar impreso o día do exame. Non se efectuará chamamento individualizado dos aspirantes.

Número de mesa asignado

Así mesmo, cada aspirante terá asignado un número de posto de exame (mesa), que deberá ocupar para a realización das probas, e que se anticipará a efectos informativos desde o 8 de abril na páxina web do Sergas, ademais de formar parte da información contida no código QR.

Non está permitido o acceso das persoas aspirantes ao interior do recinto de realización das probas con teléfonos móbiles nin ningún outro dispositivo con soporte de memoria.

En próximas datas, procederase á publicación do horario e portas de acceso das categorías que realizarán os exercicios de oposición nas datas do 7, 8, 14 e 15 de maio.

También te puede interesar