RGPD - Cookies
Comarcas Vigo al minuto

A Guarda pon a punto praias e sendeiros de cara á Semana Santa

En especial os areais que estban en mal estado logo dos temporais

A Guarda pon a punto praias e sendeiros de cara á Semana Santa

O Concello da Guarda prepárase para a Semana Santa coa posta a punto, limpeza e acondicionamento de diferentes espazos públicos do municipio coma as principais praias marítimas e fluviais, así coma os diferentes sendeiros e camiños de titularidade municipal de máis tránsito nestas datas.


Praias nun «estado deplorable»

Grazas a entrada en servizos de persoal contratado polo Concello da Guarda a través do Plan Concellos da Deputación traballase arreo na limpeza manual dos areais das Praias do Muíño, A Lamiña e Codesal, que despois de distintos temporais invernais quedaron nun estado deplorable.

Coidao especial na do Muíño

De cara á inminente chegada da Semana Santa, realizouse esta posta a punto dunhas das praias de maior afluencia da comarca e que conta, coma é o caso da Praia do Muíño, co distintivo de Bandeira Azul e «Ecoplaya», este distintivo recoñece o esforzo da limpeza manual das praias xa que non se emprega maquinaria que remova a area, respectando o delicado ecosistema dunar.

Tamén se están a realizar labores nos areais marítimos de Area Grande, Fedorento e do Carreiro e praia de Area Grande.

Camiños

No caso de camiños e sendeiros, dende fai unhas semanas operarios municipais e unha empresa externa encargáronse do desbroce e acondicionamento da Senda Litoral que comunica o Porto da Guarda coa Praia do Muíño, substituíndo tamén algunhas táboas que se atopaban danadas.

También te puede interesar