Comarcas Vigo al minuto

A Deputación abre o prazo de inscrición para ‘Depotermal’ con preto de 4.500 prazas

Podes solicitalas en www.depo.gal durante os próximos 15 días

A Deputación abre o prazo de inscrición para 'Depotermal' con preto de 4.500 prazas

Logo de dous anos de parón por mor da pandemia, as persoas que desexen participar en “Deportermal” xa poden realizar as inscricións para poder desfrutar dunha das case 4.500 prazas que ofrece este programa de termalismo, impulsado e financiado pola Deputación con máis de 111.600 euros.

Así, as persoas interesadas teñen un prazo de 15 días para presentar a súa solicitude tanto de xeito presencial como a través do sitio web da institución provincial (www.depo.gal).

Persoas nacidas antes de 1972

O programa está destinado a persoas nacidas antes de 1972, pensionistas, persoas cun recoñecemento do grao de diversidade igual ou superior ao 65%, amais de aquelas que precisen dun respiro familiar.

3.186 prazas con pernoita e pensión completa

Do total das prazas, 1.248 serán para a opción de asistencia diúrna a balnearios, talasos ou spas durante cinco mañás ou tardes consecutivas. E delas 186 serán prazas reservadas para persoas en situación ou risco de exclusión social.

As restantes 3.186 prazas serán con pernoita e pensión completa de domingo a venres, das que 124 serán tamén
reservadas para persoas en situación ou risco de exclusión social.

Lecer saudable e envellecemento activo

A finalidade de “Depotermal” é facilitarlle á veciñanza da provincia o acceso a actividades de ocio saudable e envellecemento activo á vez que dinamiza a economía da provincia impulsando a creación e mantemento de postos de traballo no sector turístico nos períodos de menor actividade.

Para levar a cabo este programa a Deputación conta cun rexistro de 53 concellos adheridos ao plan, que facilitarán ás persoas a realización dos trámites e axudas, e que está aberto á incorporación de novos municipios.

Desde o ano 2015 teñen participado neste programa de termalismo un total de 12.121 persoas.

También te puede interesar