Comarcas Vigo al minuto

Covelo entrega os diplomas dos primeiros cursos do 2022

O Concello aposta por unha mellora da inserción laboral

Covelo entrega os diplomas dos primeiros cursos do 2022

O Concello de Covelo vén de rematar o primeiro ciclo de cursos de formación do 2022 que permitiron a mellora do curriculum de persoas desempregadas e unha actualización de coñecementos dos e das participantes.

Tres cursos

Logo dunha consulta pública na que se recolleu as prioridades formativas da poboación, o Concello ofreceu tres cursos que contaron cunha parte teórica e outra práctica. En concreto ofreceuse un curso de operador de plataformas móbiles PEMP de oito horas de duración; un curso de carretilleiro, de 15 horas de duración, e un de operario de almacén e loxística de 40 horas de duración.

Promover a inserción laboral

O obxectivo dos cursos, financiandos con fondos propios do Concello, é promover a inserción laboral e mellorar o curriculum das persoas desempregadas ofrecendo formación de acorde á demanda do mercado de traballo.

Nos vindeiros meses ofreceranse novos cursos de formación deseñados en base ás necesidades recollidas no proceso de participación.

También te puede interesar