Comarcas Vigo al minuto

O Concello do Rosal incorpora a 14 persoas contratadas a través do Plan Concellos

Están traballando dende onte

O Concello do Rosal incorpora a 14 persoas contratadas a través do Plan Concellos

O Concello do Rosal incorporou ao seu persoal a 14 novas traballadoras e traballadores contratados a través do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra. As contratacións fanse ao abeiro da Liña 3, destinada ao emprego, para a anualidade 2022.

De oficiais de obras a electricistas

Entre todas as persoas contratadas, 5 ocuparán o posto de oficial de obras; unha o de oficial electricista; outro o de operario de maquinaria forestal; 6 de peóns de limpeza viaria e roza forestal e unha o de auxiliar de Axuda no Fogar.

Seis meses e xornada completa

Todos os contratos terán unha duración de seis meses a xornada completa e a Deputación inviste preto de 130.000€ para financiar parte dos custos salariais destas novas contratacións, mentres que o Concello completará o resto.

También te puede interesar